16.3.09

A hora do PLANETA


WWF organiza para o vindeiro 28 de marzo "a hora do planeta". Trátase dun xesto para demostrar que a loita contra o cambio climático é posible. Non deixedes de participar xa que as novas sobre as previsións do cambio climático son cada vez máis preocupantes

1.12.08

Actúa


Cúmprese o vixésimo aniversario desde que se conmemora o Día Mundial da Loita contra o SIDA todos os 1 de decembro.
Infórmate de como podes actuar para deter esta grave epidemia.

19.11.08

Como pode ser?

É incrible pero certo. Raro é o mes no que non se descubre unha rede de malnacidos creadores e consumidores de pornografía infantil. De todos os estratos sociais, de todas as idades, de todas as profesións e ata dos dous sexos. Xente sen conciencia nin moral que é capaz, en algúns casos, de violar a inociencia dun pequeno (incluso ás veces familiar) para obter unhas imaxes coas que disfrutar uns poucos depravados.

Cárcere e psiquiátrico para todos eles!

6.10.08

Ánimo Neira

O pasado 2 de agosto Jesús Neira, profesor Universitario, axudou a unha muller que estaba sendo maltratada pola súa parella. O maltratador cambiou de vítima e propinoulle unha paliza ao exemplar cidadán.
Dende o 6 de agosto Neira está en coma na UCI dun Hospital debatíndose entre a vida e a morte.
A desagradecida muller, á que Neira salvou da súa sorte, vai agora de programa en programa de TV pregoando a inocencia do seu compañeiro e enchendo o seu peto. (Que pena de TV!)
Segundo publica El País, Neira "intenta respirar por si mismo". Ánimo para a súa familia e sorte para a súa pronta e total recuperación.

Para a muller que Neira axudou, desexarlle mellor sorte que ás múltiples vítimas de violencia de xénero deste país.