30.4.08

Consellos e técnicas para estudar

Sen dúbida que nesta páxina de materiais educativos do CNICE (Centro Nacional de Información y Comunicación Educativa) podedes obter uns bos consellos para estudar mellor e obter mellores resultados. Está claro que sen o voso esforzo non hai consellos que valgan.
Ánimo!

21.4.08

Día da TERRA

Todos os 22 de abril celébrase o Día da Terra. Seguramente, como ocurre nestes casos, diredes que o Día da Terra deberan ser todos os do ano; e tedes razón.
Temos que mentalizarnos para coidar o planeta e todos podemos aportar o noso grao. Non pensedes que podedes facer pouco. "Moitos poucos é unha gran cantidade".
Como o problema máis importante que agora ameaza a Terra é o cambio climático, aquí tedes información moi visual das razóns polas que se produce.

16.4.08

Teorema cantado

Os xeniais Les Luthiers enuncian o teorema de Thales. Mágoa que eu cante demasiado mal como para facer isto en clase. ;-)

15.4.08

Consellos a pais e nais

No blog de "Psicología y Pedagogía" aparece un interesante artigo de recomendacións aos pais e nais para axudar a os seus fillos na aprendizaxe exitosa das Matemáticas. Permítome traducir aquí os consellos:

* Recordar que vostedes cumpren un papel protagónico na aprendizaxe dos seus fillos

* Ter sempre unha actitude positiva cara á aprendizaxe da matemática nos seus nenos

* Non facer comentarios como estes fronte aos seus nenos: "As matemáticas son moi difíciles" "Á min tampouco me gustaba a matemática cando era estudante"

* Alentarlle e ensinarlle o valor da matemáticas na vida cotiá e na súa preparación para o futuro

* O estudante que sabe resolver problemas é quen cuestiona, atopa, investiga, persiste en buscar unha solución, quen comprende que pode haber varios xeitos na solución do problema. Vostede pode alentar ao seu fillo a desenvolver a súa capacidade para resolver problemas ao incluílo en actividades rutineiras como: medir, pesar, comparar prezos das cousas que quere comprar, etc.

* O comunicarse matematicamente é saber utilizar a linguaxe matemática; os números, táboas, símbolos. É escoitar coidadosamente para entender os diferentes xeitos en que outras persoas razoan. Vostede pode axudar ao seu fillo a comunicarse matematicamente ao momento de realizar as súas tarefas, ao pedirlle que lle explique como chegou á solución correcta. Tamén na solución de pequenos problemas da vida diaria

* No punto anterior, ao pedirlle ao seu fillo como resolveu o problema, pode axudarlle a vostede a descubrir se necesita axuda en destrezas ao sumar, restar, multiplicar ou dividir (segundo o nivel en que se atope o neno)

* Axude ao seu fillo a valorar o intento de resolver un problema, aínda que este sexa difícil. Mentres traballa, axúdelle a explicar o que está pensando nese momento, iso reforzará as súas destrezas matemáticas.

* Ensine ao seu fillo a realizar problemas matemáticos "na súa cabeza" (matemática mental) ao facer cálculos rápidos dos prezos nas tendas, restaurantes, etc.

* Demostrouse que a aprendizaxe afectiva das matemáticas, actitudes e intereses previos no estudo da mesma, ten consecuencia directa no seu comportamento e a súa capacidade de aprendizaxe futura. É por iso a importancia de axudar ao seu neno a construír desde temperá idade o interesarse positivamente en tan importante materia

* E recorde: como pais, vostedes son, máis que ningunha outra persoa os que poden axudar ao seu neno a desexar aprender. Ese desexo de querer aprender é a clave do éxito para o seu neno(a) e, por suposto, o agrado é un gran motivador da aprendizaxe. Vostedes poden ensinar ao seu fillo(a) mediante o xogo. Pode inventar xogos con case calquera concepto matemático. Non esqueza que axudarlle a aprender non quere dicir que non poidan reir xuntos e...... DIVERTIRSE!

14.4.08

Número de ouro

Xa falamos neste blog do número de ouro en varias ocasións.
Admiradevos das numerosas circunstancias nas que aparece:

2.4.08

Mundo Cooperante

Hoxe recibimos a visita de Rosa López Miramontes responsable da Delegación de Galicia da Federación Mundo Cooperante (Unha ONG de Cooperación ao Desarrollo)
Falounos de quen son, de que fan e de como o fan. Trouxonos tamén a exposición "La realidad de las niñas en el mundo" que, nuns paneis, fai un percorrido polos problemas e desafíos aos que se deben enfrentar as nenas das sociedades máis postergadas.
Espero que estas charlas tan amenas fagan que, en lugar de para perder a clase de Matemáticas (que tamén), todos nos concienciemos de que somos privilexiados por vivir neste mundo e arrimemos o hombreiro para facer que os outros mundos sexan máis parecidos ao noso.

BubbleShare: Share photos - Powered by BubbleShare

Contacta con Rosa no 981666428 ou en galicia@mundocooperante.org

1.4.08

Primeiro blog

Preséntovos o primeiro blog.
Alejandra foi a que se adiantou a todos.

Estou desexando velo medrar, porque o comezo promete. Noraboa

27.3.08

Espero impaciente os vosos blogues


Neste último trimestre propóñovos un traballo (voluntario) que consiste no seguinte:

  • Cada un de vos elabora un blogue.
  • Puntuará, ademais da calidade dos contidos, a corrección, a estética, a linguaxe axeitada e sen faltas...
  • Os artigos poden tratar calquera tema escolar: actividades, ideas, opinións, protestas, dúbidas, fotos, vídeos, presentacións, ... (se son relacionadas coas matemáticas mellor que mellor)
  • É obrigatorio que desde a data de hoxe ata a de 15 de xuño busquedes e propoñades, a lo menos, os tres sitios web (blogues, wikis, portais, páxinas, ...) relacionadas coas matemáticas a nivel de Infantil, Primaria ou Secundaria que máis vos gusten, explicando porqué vos gustan e facendo unha breve descripción do que tratan.
  • Calquera blogue que non se adapte ás normas será automáticamente "descalificado".
Poderedes aumentar, dependendo dos contidos e enlaces do blogue, a nota final ata en 2 puntos.

Para facer o voso Blogue, recomendo que fagades una conta de correo de Google (gmail) e despois, con ese nome de usuario e ese contrasinal, entrades en Blogger e creades o blogue.

Para calqueira dúbida e para notificar a creación e a dirección do blog: crego@edu.xunta.es

6.3.08

Educación para a cidadanía

Contidos:
Bloque 1. Contidos comúns.

  • Identificación de problemas actuais, a súa conceptualización e reflexión argumentada.
  • Análise comparativa e avaliación crítica de información proporcionadas polos medios de comunicación sobre un mesmo feito ou cuestión de actualidade.
  • Prácticas de exposición (oral e escrita) das ideas propias ou dos resultados das lecturas e da información obtida a través de diversos medios.
  • Preparación e intervención en debates, sobre aspectos relevantes da realidade social, considerando as posicións e alternativas existentes e desenvolvendo unha actitude de compromiso para a súa mellora.
  • Utilización do diálogo como estratexia para a identificación dos conflitos e a solución dos problemas.
Bloque 2. Relacións interpersoais, convivencia e participación
  • Comprensión e incorporación dos conceptos de amizade, fraternidade, dignidade, sinceridade, agradecemento, cordialidade, diálogo, etc., básicos para a convivencia.
  • Recoñecemento e valoración da convivencia familiar como un sistema de comunicación e cooperación entre xeracións. Posibles disfuncións: análise e busca de solucións compartidas.
  • Recoñecemento e valoración da amizade como un sistema de comunicación e cooperación entre iguais.
  • Valoración e uso do diálogo como instrumento para a prevención e resolución de conflitos nas relación entre iguais e nas relacións interxeracionais.
  • Análise da importancia da sexualidade na vida humana, da necesidade dunha regulación ética das relacións sexuais baseada no respecto e na equidade e prevención de prácticas de risco.
  • Valoración crítica da división social e sexual do traballo e rexeitamento de prexuízos racistas, xenófobos, homófobos e sexistas.
  • Axuda a compañeiras, compañeiros e, en xeral, a persoas en situación desfavorecida e responsabilización no coidado das persoas dependentes.
  • Participación no centro educativo e en actividades sociais da comunidade como aprendizaxe dos deberes cidadáns. Especial incidencia na mediación e acollida de alumnado inmigrante.
Bloque 3. Deberes e dereitos cidadáns.
  • Identificación e exercicio dos deberes e dereitos que teñen como alumnado dun centro.
  • Coñecemento e manexo da Declaración universal dos dereitos humanos, asunción dos deberes e responsabilidades que dela se derivan e valoración do proceso de recoñecemento e proclamación dos dereitos humanos como unha conquista histórica inacabada.
  • Recompilación de información sobre os distintos tipos de documentos que recollen a lexislación internacional sobre os dereitos humanos (declaracións, pactos, convenios...) e sobre os mecanismos de control e protección dos acordos.
  • Recoñecemento da igualdade das persoas en dignidade e dereitos, identificación e condena de situación de violacións dos dereitos humanos e coñecemento dos recursos para denunciar e combater a violación dos dereitos.
  • Valoración das diferenzas de xénero como enriquecedoras das relacións interpersoais. Coñecemento dos dereitos das mulleres na nosa sociedade actual e a loita pola súa consecución. Recoñecemento da igualdade de dereitos de mulleres e homes e identificación e rexeitamento das situacións de discriminación de feito das cales aínda son vítimas as mulleres.
Bloque 4. Democracia e cidadanía.
  • Identificación do sistema de dereitos e deberes como base da convivencia política. Valoración do exercicio dunha cidadanía activa, que coñece os seus dereitos e asume as súas responsabilidades. Os sistemas de votación democrática.
  • Identificación das principias institucións e dos conceptos fundamentais que definen un sistema democrático.
  • Identificación e coñecemento dos principios, dereitos e deberes fundamentais recoñecidos na Constitución española e no Estatuto de autonomía de Galicia. Identificación e valoración das diversas formas de participación cidadá: cooperación, asociacionismo e voluntariado.
  • Valoración da política como servizo á cidadanía: a responsabilidade pública. Información sobre a estrutura e funcionamento da protección civil e coñecemento do seu papel na prevención e xestión dos desastres naturais e provocados. Os sistemas de votación democrática.
  • Asunción da responsabilidade cidadá: identificación e aprecio dos bens comúns e servizos públicos. Valoración dos impostos como a contribución dos cidadáns aos gastos e investimentos públicos e como instrumento para a distribución da renda e compensación das desigualdades.
  • Reflexión sobre as causas, avaliación das consecuencias dos accidentes de circulación e implicación na súa prevención.
  • Coñecemento dos dereitos e deberes que implica o consumo, planificación de condutas e adquisición de hábitos de consumo racional e responsable compatible coa sustentabilidade.
  • Observación do impacto das actividades individuais e colectivas sobre o ambiente e valoración da responsabilidade polo seu coidado.
Bloque 5. Cidadanía en tempos de globalización.
  • Valoración da diversidade social e cultural como enriquecedora da convivencia nunha sociedade plural. Identificación dos elementos culturais propios que poidan estar en perigo nun mundo globalizado e posibles solucións
  • Identificación de situacións de violación de dereitos e sensibilización fronte ás necesidades de colectivos e grupos desfavorecidos. Planificación de iniciativas encamiñadas á construción duna sociedade máis xusta e solidaria.
  • Identificación dos principais conflitos no mundo actual e sensibilización ante as situación das persoas que sofren directamente as súas consecuencias. Información sobre o papel dos organismos internacionais e as forzas de pacificación na prevención e resolución dos conflitos. Identificación e valoración das acción individuais e colectivas a favor da paz.
  • Análise e valoración da influencia das novas formas de comunicación, información e mobilidade no establecemento de relacións globais entre as persoas de diferentes lugares do mundo e das consecuencias da globalización económica.
  • Sensibilización ante as desigualdades: riqueza e pobreza. Coñecemento de iniciativas encamiñadas á loita contra a pobreza e a axuda ao desenvolvemento.
Vistos estes contidos (extraídos do Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia), non credes que poderiamos obxectar a calquera materia do currículo?