1.12.08

Actúa


Cúmprese o vixésimo aniversario desde que se conmemora o Día Mundial da Loita contra o SIDA todos os 1 de decembro.
Infórmate de como podes actuar para deter esta grave epidemia.

19.11.08

Como pode ser?

É incrible pero certo. Raro é o mes no que non se descubre unha rede de malnacidos creadores e consumidores de pornografía infantil. De todos os estratos sociais, de todas as idades, de todas as profesións e ata dos dous sexos. Xente sen conciencia nin moral que é capaz, en algúns casos, de violar a inociencia dun pequeno (incluso ás veces familiar) para obter unhas imaxes coas que disfrutar uns poucos depravados.

Cárcere e psiquiátrico para todos eles!

6.10.08

Ánimo Neira

O pasado 2 de agosto Jesús Neira, profesor Universitario, axudou a unha muller que estaba sendo maltratada pola súa parella. O maltratador cambiou de vítima e propinoulle unha paliza ao exemplar cidadán.
Dende o 6 de agosto Neira está en coma na UCI dun Hospital debatíndose entre a vida e a morte.
A desagradecida muller, á que Neira salvou da súa sorte, vai agora de programa en programa de TV pregoando a inocencia do seu compañeiro e enchendo o seu peto. (Que pena de TV!)
Segundo publica El País, Neira "intenta respirar por si mismo". Ánimo para a súa familia e sorte para a súa pronta e total recuperación.

Para a muller que Neira axudou, desexarlle mellor sorte que ás múltiples vítimas de violencia de xénero deste país.

9.6.08

Máis consellos verdes

En "El País Semanal" deste fin de semana lin un artigo de Carmen Mañana titulado "Dar al botón verde" no que describe algunhas actuacións de grandes multinacionais do sector da electrónica en prol da sustentabilidade. Non esquezamos que o sector tecnolóxico emite o 2% do CO2 mundial; a mesma cantidade que a aviación.

Dous apuntes importantes:

  • Moitos usuarios de teléfonos móbiles non saben que un acto tan habitual como deixar un cargador conectado á toma de corrente cando non se está a usar supón un considerable gasto enerxético. Segundo estimacións de Nokia, a enerxía que se podería aforrar se todos os usuarios dos seus teléfonos móbiles (900 millóns de persoas) desenchufaran os cargadores cando non os necesitan sería equivalente á que se consume en 100.000 vivendas europeas de tamaño medio durante un ano.
  • O stand by (a luceciña vermella que indica que un aparato está á espera de ser encendido) é sinónimo dun gran derroche enerxético e económico. Segundo datos do Instituto para el Ahorro y la Diversificación de la Energía (IDAE), a factura elétrica dun fogar medio podería baixar un 12% ao ano só con apagar o stand by de todos os aparatos. Outro estudo da Agencia Internacional de la Energía apunta que o consumo dos equipos electrónicos que non se usan supón entre o 5% e o 16% do consumo total de cada fogar.
Son datos que nos deben facer pensar cada vez que apaguemos un aparato só co mando a distancia. Podemos poñer freo a este derroche só con desconectar aqueles aparellos que non estemos a empregar. Fácil, non?

5.6.08

Cuidemos o planeta Terra

No día Mundial do Medio Ambiente quero deixarvos este vídeo para concienciarnos que debemos coidar o noso planeta.



Para que vexades que o do quecemento global non é pouco importante (como hai algún tempo dixo o primo de alguén) podedes ver este vídeo da NASA-GISS que reflexa a variación da temperatura terrestre dende o ano 1884.



Evidentemente temos que empezar por coidar o noso entorno.