Algunhas suxestións
Despois duns pequnos cambios e problemas nas últimas semanas, volvo a publicar unha entrada aproveitando o publicado no suplemento "La Voz de la Escuela" que edita "La Voz de Galicia", que onte mércores traía unha páxina adicada ás Matemáticas. Trancribo literalmente un dos apartados que da uns consellos para practicar na casa:
"Algunhas cousas que poden facer os pais para que aos seus fillos non se lles atragoen as matemáticas:
- Falar co titor do seu grupo para coñecera súa situación en relación coa materia. En primaria non é o mesmo un PA (Progresa Adecuadamente) raspado que un PA folgado,aínda que a cualificación non permite facer matices. En secundaria, e no caso de que se detecten problemas, é recomendable pedir cita co profesor da materia.
- Asegurarse de que cada día faga os deberes de matemáticas dedicándolle o tempo e a concentración necesarios.
- Eloxiarlle polos esforzos que realice coa materia, non pola súa capacidade innata. Frases tales como «es tan intelixente» poden producir o efecto contrario ao que se pretende: facerlle crer que o éxito é unha cuestión de capacidade intelectual. É preferible transmitirlle a idea de que, canto máis traballador e perseverante sexa, máis resultados obterá sexa cal for a súa capacidade.
- Cando a pesar de todo aparezan dificultadescoas matemáticas, animarlle a seguir adiante. E nunca caer no erro de dicirlle: «Nonte preocupes, fillo, eu tamén fun sempre parvo para as matemáticas. Vese que non nos entra na cabeza». É preferible transmitirlle que vai ter que esforzarse máis ou, en caso necesario,recorrer a un profesor particular.
- Deixar que entren as matemáticas na casa. Algúns exemplos:
- Pedirlles axuda para facer a lista da compra: que calculen cantos quilos de froita se necesitan, cantos litros de leite ou cantos gramos de friame para esa semana.
- Pedirlles que calculen o gasto do que leva no carriño da compra antes de pasar por caixa.
- Durante as viaxes en coche, calcular o tempo que se vai a tardar en chegar ao destino ou discorrer xogos cos números das matrículas dos coches.
- Co mapa de estradas diante, calcular a cantos quilómetros se atopa o seguinte pobo, gasolineira ou lugar de destino".
Se queres ler o suplemento na totalidade preme aquí
Animádevos a participar no blog para que sexa máis dinámico. Mandade chistes matemáticos para facer unha sección deles (Sara xa mandou uns bos exemplos) ou propoñede calquera outra sección que vos interese: biografías , noticias, curiosidades, etc. relacionadas coas mates.
1 comentario:
Xa vos botaba en falta!
Alégrome de que mateproblemáticas volva a estar activo de novo. A ver se un destes días mando algo para contribuír co blog.
Saúdos.
Publicar un comentario