1.12.08

Actúa


Cúmprese o vixésimo aniversario desde que se conmemora o Día Mundial da Loita contra o SIDA todos os 1 de decembro.
Infórmate de como podes actuar para deter esta grave epidemia.

19.11.08

Como pode ser?

É incrible pero certo. Raro é o mes no que non se descubre unha rede de malnacidos creadores e consumidores de pornografía infantil. De todos os estratos sociais, de todas as idades, de todas as profesións e ata dos dous sexos. Xente sen conciencia nin moral que é capaz, en algúns casos, de violar a inociencia dun pequeno (incluso ás veces familiar) para obter unhas imaxes coas que disfrutar uns poucos depravados.

Cárcere e psiquiátrico para todos eles!

6.10.08

Ánimo Neira

O pasado 2 de agosto Jesús Neira, profesor Universitario, axudou a unha muller que estaba sendo maltratada pola súa parella. O maltratador cambiou de vítima e propinoulle unha paliza ao exemplar cidadán.
Dende o 6 de agosto Neira está en coma na UCI dun Hospital debatíndose entre a vida e a morte.
A desagradecida muller, á que Neira salvou da súa sorte, vai agora de programa en programa de TV pregoando a inocencia do seu compañeiro e enchendo o seu peto. (Que pena de TV!)
Segundo publica El País, Neira "intenta respirar por si mismo". Ánimo para a súa familia e sorte para a súa pronta e total recuperación.

Para a muller que Neira axudou, desexarlle mellor sorte que ás múltiples vítimas de violencia de xénero deste país.

9.6.08

Máis consellos verdes

En "El País Semanal" deste fin de semana lin un artigo de Carmen Mañana titulado "Dar al botón verde" no que describe algunhas actuacións de grandes multinacionais do sector da electrónica en prol da sustentabilidade. Non esquezamos que o sector tecnolóxico emite o 2% do CO2 mundial; a mesma cantidade que a aviación.

Dous apuntes importantes:

  • Moitos usuarios de teléfonos móbiles non saben que un acto tan habitual como deixar un cargador conectado á toma de corrente cando non se está a usar supón un considerable gasto enerxético. Segundo estimacións de Nokia, a enerxía que se podería aforrar se todos os usuarios dos seus teléfonos móbiles (900 millóns de persoas) desenchufaran os cargadores cando non os necesitan sería equivalente á que se consume en 100.000 vivendas europeas de tamaño medio durante un ano.
  • O stand by (a luceciña vermella que indica que un aparato está á espera de ser encendido) é sinónimo dun gran derroche enerxético e económico. Segundo datos do Instituto para el Ahorro y la Diversificación de la Energía (IDAE), a factura elétrica dun fogar medio podería baixar un 12% ao ano só con apagar o stand by de todos os aparatos. Outro estudo da Agencia Internacional de la Energía apunta que o consumo dos equipos electrónicos que non se usan supón entre o 5% e o 16% do consumo total de cada fogar.
Son datos que nos deben facer pensar cada vez que apaguemos un aparato só co mando a distancia. Podemos poñer freo a este derroche só con desconectar aqueles aparellos que non estemos a empregar. Fácil, non?

5.6.08

Cuidemos o planeta Terra

No día Mundial do Medio Ambiente quero deixarvos este vídeo para concienciarnos que debemos coidar o noso planeta.



Para que vexades que o do quecemento global non é pouco importante (como hai algún tempo dixo o primo de alguén) podedes ver este vídeo da NASA-GISS que reflexa a variación da temperatura terrestre dende o ano 1884.



Evidentemente temos que empezar por coidar o noso entorno.

4.6.08

Pintadas, firmas e demais "decoracións"

Lido no diario La Opinión:

La ordenanza municipal de As Pontes sobre el vandalismo, que será aprobada inicialmente en el pleno que se celebrará mañana[...]
[...]La nueva ordenanza establece tres tipos de multas en función de la calificación de los hechos: leves, graves y muy graves. El importe económico de las sanciones por los actos vandálicos se graduará desde los 750 euros por los que se consideren como de menor importancia hasta los 3.000 con los que podrá ser multado el responsable de los destrozos más notables.
El Concello menciona entre las actuaciones que serán consideradas como vandalismo los daños a bienes muebles e inmuebles, las pintadas, graffitis, manchas y escritos sobre cualquier espacio o edificio de propiedad pública, así como en los vehículos de transporte, el mobiliario urbano, árboles, jardines y vías públicas.[...]
É evidente que ás veces facemos cousas ás que non lle damos a importancia que teñen e ás autoridades non lles queda outra que tomar medidas "disuasorias".



24.5.08

Vitutor

Interesante páxina de Matemáticas na que tedes exercicios, exames, apuntes e vídeo titoriais de matemáticas desde 3º de Primaria ata Bacharelato.
Preme na imaxe para acceder

21.5.08


Outra vítima máis da violencia de xénero. Cando rematará esta lacra?

14.5.08

Basta XA!


ETA volveu matar hoxe a unha persoa, aínda que intentou unha verdadeira masacre.
En España padecemos unha terrible lacra co terrorismo e os seus crimes indiscriminados así como coa violencia de xénero e os seus crimes machistas. Desde este blogue xa se mencionou algunha vez calquera destas barbaries, pero desde este momento, sempre que ocorra algúns destes actos, comprométome a facer unha entrada do blog solidarizándome coas vítimas e repudiando os actos. Invítovos a todos e todas a que fagades o mesmo nos vosos blogues, fotologs, etc e que esas entradas sexan moi comentadas (entre todos/as) con frases do tipo: Basta XA! NUNCA MÁIS! ou calquera outra que queirades.

8.5.08

Binta y la gran idea

Curtametraxe que pertence á película 'En el mundo a cada rato'. Rodado en Senegal, por Javier Fesser, coa axuda de UNICEF, conduce ao espectador ao mundo de Binta, unha nena de sete anos que pon en marcha unha obra de teatro infantil para mostrar o desexo da súa curmá de ir ao colexio.
Ademais está a xenial idea do seu pai.
Seguramente que se tedes a paciencia de velo, se vos ocurren moitos comentarios.



Eres ti tubab?

6.5.08

Mercado matemático para as fraccións

Para aprender fraccións de xeito "máxico" visitade o "mercado matemático":



5.5.08

Matmonólogo

Martín Pais Wyka participou e foi seleccionado como finalista no concurso de "Matmonólogos" do IES de Monelos.

Mañá pola tarde é o día no que o vai defender xunto con outros alumnos seleccionados doutros centros. Un día ensaiou na súa clase e aquí tedes o vídeo.

Sorte!

30.4.08

Consellos e técnicas para estudar

Sen dúbida que nesta páxina de materiais educativos do CNICE (Centro Nacional de Información y Comunicación Educativa) podedes obter uns bos consellos para estudar mellor e obter mellores resultados. Está claro que sen o voso esforzo non hai consellos que valgan.
Ánimo!

21.4.08

Día da TERRA

Todos os 22 de abril celébrase o Día da Terra. Seguramente, como ocurre nestes casos, diredes que o Día da Terra deberan ser todos os do ano; e tedes razón.
Temos que mentalizarnos para coidar o planeta e todos podemos aportar o noso grao. Non pensedes que podedes facer pouco. "Moitos poucos é unha gran cantidade".
Como o problema máis importante que agora ameaza a Terra é o cambio climático, aquí tedes información moi visual das razóns polas que se produce.

16.4.08

Teorema cantado

Os xeniais Les Luthiers enuncian o teorema de Thales. Mágoa que eu cante demasiado mal como para facer isto en clase. ;-)

15.4.08

Consellos a pais e nais

No blog de "Psicología y Pedagogía" aparece un interesante artigo de recomendacións aos pais e nais para axudar a os seus fillos na aprendizaxe exitosa das Matemáticas. Permítome traducir aquí os consellos:

* Recordar que vostedes cumpren un papel protagónico na aprendizaxe dos seus fillos

* Ter sempre unha actitude positiva cara á aprendizaxe da matemática nos seus nenos

* Non facer comentarios como estes fronte aos seus nenos: "As matemáticas son moi difíciles" "Á min tampouco me gustaba a matemática cando era estudante"

* Alentarlle e ensinarlle o valor da matemáticas na vida cotiá e na súa preparación para o futuro

* O estudante que sabe resolver problemas é quen cuestiona, atopa, investiga, persiste en buscar unha solución, quen comprende que pode haber varios xeitos na solución do problema. Vostede pode alentar ao seu fillo a desenvolver a súa capacidade para resolver problemas ao incluílo en actividades rutineiras como: medir, pesar, comparar prezos das cousas que quere comprar, etc.

* O comunicarse matematicamente é saber utilizar a linguaxe matemática; os números, táboas, símbolos. É escoitar coidadosamente para entender os diferentes xeitos en que outras persoas razoan. Vostede pode axudar ao seu fillo a comunicarse matematicamente ao momento de realizar as súas tarefas, ao pedirlle que lle explique como chegou á solución correcta. Tamén na solución de pequenos problemas da vida diaria

* No punto anterior, ao pedirlle ao seu fillo como resolveu o problema, pode axudarlle a vostede a descubrir se necesita axuda en destrezas ao sumar, restar, multiplicar ou dividir (segundo o nivel en que se atope o neno)

* Axude ao seu fillo a valorar o intento de resolver un problema, aínda que este sexa difícil. Mentres traballa, axúdelle a explicar o que está pensando nese momento, iso reforzará as súas destrezas matemáticas.

* Ensine ao seu fillo a realizar problemas matemáticos "na súa cabeza" (matemática mental) ao facer cálculos rápidos dos prezos nas tendas, restaurantes, etc.

* Demostrouse que a aprendizaxe afectiva das matemáticas, actitudes e intereses previos no estudo da mesma, ten consecuencia directa no seu comportamento e a súa capacidade de aprendizaxe futura. É por iso a importancia de axudar ao seu neno a construír desde temperá idade o interesarse positivamente en tan importante materia

* E recorde: como pais, vostedes son, máis que ningunha outra persoa os que poden axudar ao seu neno a desexar aprender. Ese desexo de querer aprender é a clave do éxito para o seu neno(a) e, por suposto, o agrado é un gran motivador da aprendizaxe. Vostedes poden ensinar ao seu fillo(a) mediante o xogo. Pode inventar xogos con case calquera concepto matemático. Non esqueza que axudarlle a aprender non quere dicir que non poidan reir xuntos e...... DIVERTIRSE!

14.4.08

Número de ouro

Xa falamos neste blog do número de ouro en varias ocasións.
Admiradevos das numerosas circunstancias nas que aparece:

2.4.08

Mundo Cooperante

Hoxe recibimos a visita de Rosa López Miramontes responsable da Delegación de Galicia da Federación Mundo Cooperante (Unha ONG de Cooperación ao Desarrollo)
Falounos de quen son, de que fan e de como o fan. Trouxonos tamén a exposición "La realidad de las niñas en el mundo" que, nuns paneis, fai un percorrido polos problemas e desafíos aos que se deben enfrentar as nenas das sociedades máis postergadas.
Espero que estas charlas tan amenas fagan que, en lugar de para perder a clase de Matemáticas (que tamén), todos nos concienciemos de que somos privilexiados por vivir neste mundo e arrimemos o hombreiro para facer que os outros mundos sexan máis parecidos ao noso.

BubbleShare: Share photos - Powered by BubbleShare

Contacta con Rosa no 981666428 ou en galicia@mundocooperante.org

1.4.08

Primeiro blog

Preséntovos o primeiro blog.
Alejandra foi a que se adiantou a todos.

Estou desexando velo medrar, porque o comezo promete. Noraboa

27.3.08

Espero impaciente os vosos blogues


Neste último trimestre propóñovos un traballo (voluntario) que consiste no seguinte:

  • Cada un de vos elabora un blogue.
  • Puntuará, ademais da calidade dos contidos, a corrección, a estética, a linguaxe axeitada e sen faltas...
  • Os artigos poden tratar calquera tema escolar: actividades, ideas, opinións, protestas, dúbidas, fotos, vídeos, presentacións, ... (se son relacionadas coas matemáticas mellor que mellor)
  • É obrigatorio que desde a data de hoxe ata a de 15 de xuño busquedes e propoñades, a lo menos, os tres sitios web (blogues, wikis, portais, páxinas, ...) relacionadas coas matemáticas a nivel de Infantil, Primaria ou Secundaria que máis vos gusten, explicando porqué vos gustan e facendo unha breve descripción do que tratan.
  • Calquera blogue que non se adapte ás normas será automáticamente "descalificado".
Poderedes aumentar, dependendo dos contidos e enlaces do blogue, a nota final ata en 2 puntos.

Para facer o voso Blogue, recomendo que fagades una conta de correo de Google (gmail) e despois, con ese nome de usuario e ese contrasinal, entrades en Blogger e creades o blogue.

Para calqueira dúbida e para notificar a creación e a dirección do blog: crego@edu.xunta.es

6.3.08

Educación para a cidadanía

Contidos:
Bloque 1. Contidos comúns.

  • Identificación de problemas actuais, a súa conceptualización e reflexión argumentada.
  • Análise comparativa e avaliación crítica de información proporcionadas polos medios de comunicación sobre un mesmo feito ou cuestión de actualidade.
  • Prácticas de exposición (oral e escrita) das ideas propias ou dos resultados das lecturas e da información obtida a través de diversos medios.
  • Preparación e intervención en debates, sobre aspectos relevantes da realidade social, considerando as posicións e alternativas existentes e desenvolvendo unha actitude de compromiso para a súa mellora.
  • Utilización do diálogo como estratexia para a identificación dos conflitos e a solución dos problemas.
Bloque 2. Relacións interpersoais, convivencia e participación
  • Comprensión e incorporación dos conceptos de amizade, fraternidade, dignidade, sinceridade, agradecemento, cordialidade, diálogo, etc., básicos para a convivencia.
  • Recoñecemento e valoración da convivencia familiar como un sistema de comunicación e cooperación entre xeracións. Posibles disfuncións: análise e busca de solucións compartidas.
  • Recoñecemento e valoración da amizade como un sistema de comunicación e cooperación entre iguais.
  • Valoración e uso do diálogo como instrumento para a prevención e resolución de conflitos nas relación entre iguais e nas relacións interxeracionais.
  • Análise da importancia da sexualidade na vida humana, da necesidade dunha regulación ética das relacións sexuais baseada no respecto e na equidade e prevención de prácticas de risco.
  • Valoración crítica da división social e sexual do traballo e rexeitamento de prexuízos racistas, xenófobos, homófobos e sexistas.
  • Axuda a compañeiras, compañeiros e, en xeral, a persoas en situación desfavorecida e responsabilización no coidado das persoas dependentes.
  • Participación no centro educativo e en actividades sociais da comunidade como aprendizaxe dos deberes cidadáns. Especial incidencia na mediación e acollida de alumnado inmigrante.
Bloque 3. Deberes e dereitos cidadáns.
  • Identificación e exercicio dos deberes e dereitos que teñen como alumnado dun centro.
  • Coñecemento e manexo da Declaración universal dos dereitos humanos, asunción dos deberes e responsabilidades que dela se derivan e valoración do proceso de recoñecemento e proclamación dos dereitos humanos como unha conquista histórica inacabada.
  • Recompilación de información sobre os distintos tipos de documentos que recollen a lexislación internacional sobre os dereitos humanos (declaracións, pactos, convenios...) e sobre os mecanismos de control e protección dos acordos.
  • Recoñecemento da igualdade das persoas en dignidade e dereitos, identificación e condena de situación de violacións dos dereitos humanos e coñecemento dos recursos para denunciar e combater a violación dos dereitos.
  • Valoración das diferenzas de xénero como enriquecedoras das relacións interpersoais. Coñecemento dos dereitos das mulleres na nosa sociedade actual e a loita pola súa consecución. Recoñecemento da igualdade de dereitos de mulleres e homes e identificación e rexeitamento das situacións de discriminación de feito das cales aínda son vítimas as mulleres.
Bloque 4. Democracia e cidadanía.
  • Identificación do sistema de dereitos e deberes como base da convivencia política. Valoración do exercicio dunha cidadanía activa, que coñece os seus dereitos e asume as súas responsabilidades. Os sistemas de votación democrática.
  • Identificación das principias institucións e dos conceptos fundamentais que definen un sistema democrático.
  • Identificación e coñecemento dos principios, dereitos e deberes fundamentais recoñecidos na Constitución española e no Estatuto de autonomía de Galicia. Identificación e valoración das diversas formas de participación cidadá: cooperación, asociacionismo e voluntariado.
  • Valoración da política como servizo á cidadanía: a responsabilidade pública. Información sobre a estrutura e funcionamento da protección civil e coñecemento do seu papel na prevención e xestión dos desastres naturais e provocados. Os sistemas de votación democrática.
  • Asunción da responsabilidade cidadá: identificación e aprecio dos bens comúns e servizos públicos. Valoración dos impostos como a contribución dos cidadáns aos gastos e investimentos públicos e como instrumento para a distribución da renda e compensación das desigualdades.
  • Reflexión sobre as causas, avaliación das consecuencias dos accidentes de circulación e implicación na súa prevención.
  • Coñecemento dos dereitos e deberes que implica o consumo, planificación de condutas e adquisición de hábitos de consumo racional e responsable compatible coa sustentabilidade.
  • Observación do impacto das actividades individuais e colectivas sobre o ambiente e valoración da responsabilidade polo seu coidado.
Bloque 5. Cidadanía en tempos de globalización.
  • Valoración da diversidade social e cultural como enriquecedora da convivencia nunha sociedade plural. Identificación dos elementos culturais propios que poidan estar en perigo nun mundo globalizado e posibles solucións
  • Identificación de situacións de violación de dereitos e sensibilización fronte ás necesidades de colectivos e grupos desfavorecidos. Planificación de iniciativas encamiñadas á construción duna sociedade máis xusta e solidaria.
  • Identificación dos principais conflitos no mundo actual e sensibilización ante as situación das persoas que sofren directamente as súas consecuencias. Información sobre o papel dos organismos internacionais e as forzas de pacificación na prevención e resolución dos conflitos. Identificación e valoración das acción individuais e colectivas a favor da paz.
  • Análise e valoración da influencia das novas formas de comunicación, información e mobilidade no establecemento de relacións globais entre as persoas de diferentes lugares do mundo e das consecuencias da globalización económica.
  • Sensibilización ante as desigualdades: riqueza e pobreza. Coñecemento de iniciativas encamiñadas á loita contra a pobreza e a axuda ao desenvolvemento.
Vistos estes contidos (extraídos do Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia), non credes que poderiamos obxectar a calquera materia do currículo?

17.2.08

Razóns trigonométricas

Outro vídeo para repasar:

23.1.08

Signos Matemáticos (por Bruno del Valle)

Cando realizamos unha operación matemática, coma por exemplo 4x4=16, ¿quen nos indica que eses dous números teñen que ser multiplicados? igualmente ¿quen nos indica que o 16 e o seu resultado?. Son os signos que inconscientemente usamos a diario sen percatarnos de por que están ahí, pero todos eles teñen unha orixe. Haí van algúns:

= (igual): Este signo débese a Robert Recorde, que empezou a empregalo no 1557. Explicou a sua elección: “Poñereille, como fago a menudo no meu traballo,un par de paralelas ou liñas da mesma lonxitude, así: =========. Porque non ahí cousas que poidan ser mais iguais. Máis tarde acortaronse ata como as coñecemos hoxe.

√ (raíz): O mismísimo Euler conxeturou en 1775 que se trataba dunha forma estilizada do término latino radix, “radical”.

0 (cero) : Este signo, empregado por primeira vez na India, posiblemente proveña da influencia grega a través da palabra oudev, “nada”. Incluso pondera ser que o seu orixe fora Alexandría e que de alí pasara a India.

π (3,14159...): Proven da letra grega π (pi).

Ø : Aunque o pareza, non ten que ver nada coa letra grega phi. É a combinación de cero (0) e da barra “/”. Para representar conxuntos que non teñen elmentos. Conxunto vacío.

Alguén quere aportar algo máis?

16.1.08

"Pitagoranécdotas"

Bruno del Valle (4º B) atopou estas curiosidades da biografía de Pitágoras que chamaron a súa atención:

Pitágoras nació en la isla de Samos en Grecia en el 582 a.C. Fue educado con los principales pensadores del momento como el filósofo Tales de Mileto, Anaxímenes o Anaximandro, posteriormente en el 530 a.c. y ya consagrado como un brillante matemático se instaló en una colonia Griega del sur de Italia llamada Crotona para poner en marcha una nueva escuela matemática, la escuela Pitagórica, en la que acogió a numerosos alumnos interesados por sus doctrinas, no obstante era una institución que en algunos momentos podía parecer sectaria, debido a la gran cantidad de obligaciones que inculcaba a sus discípulos, algunas tan extravagantes como la prohibición de comer habas, pues las relacionaba con formas de órganos vitales y por la conocida animadversión que le producían. Habían diversas escalas de conocimiento, y aquellos alumnos más aventajados eran los seleccionados para aprender matemáticas avanzadas, el símbolo que adoptó fue el de un triángulo formado por 10 puntos, ya que este número le parecía que en sí mismo representaba la perfección.

La escuela Pitagórica también destacó por el estudio de la filosofía y la astronomía, en el primer caso se sabe que adoptó una postura platónica en lo concerniente a la separación del alma y el cuerpo y de la transmigración de la misma, de hecho una de las numerosas historias con las que se le relacionan es que estando en un mercado vió como un hombre regañaba y pegaba a su perro, Pitágoras se interpuso entre el hombre y el can obligándolo a retroceder ya que según éste el perro contenía el alma de una amigo suyo muerto, incluso llegó a decir que él mismo recordaba sus anteriores reencarnaciones. No es de extrañar, que un hombre como él se hiciera envolver de una aura de misticismo que le acompañó siempre, llegó a encerrarse en el sótano de su casa durante un tiempo, para demostrar sus poderes como vidente, adivinando todo lo que había ocurrido durante su periodo de cautiverio, algunos señalaron que tal hazaña no era más que una mentira, una de muchas que se le atribuyeron, pues pensaban que ese encierro había tenido algunas fisuras y que le habían dado información del exterior.

A ver se a próxima vez se anima a traducir o artigo ao galego. ;-)