9.6.08

Máis consellos verdes

En "El País Semanal" deste fin de semana lin un artigo de Carmen Mañana titulado "Dar al botón verde" no que describe algunhas actuacións de grandes multinacionais do sector da electrónica en prol da sustentabilidade. Non esquezamos que o sector tecnolóxico emite o 2% do CO2 mundial; a mesma cantidade que a aviación.

Dous apuntes importantes:

  • Moitos usuarios de teléfonos móbiles non saben que un acto tan habitual como deixar un cargador conectado á toma de corrente cando non se está a usar supón un considerable gasto enerxético. Segundo estimacións de Nokia, a enerxía que se podería aforrar se todos os usuarios dos seus teléfonos móbiles (900 millóns de persoas) desenchufaran os cargadores cando non os necesitan sería equivalente á que se consume en 100.000 vivendas europeas de tamaño medio durante un ano.
  • O stand by (a luceciña vermella que indica que un aparato está á espera de ser encendido) é sinónimo dun gran derroche enerxético e económico. Segundo datos do Instituto para el Ahorro y la Diversificación de la Energía (IDAE), a factura elétrica dun fogar medio podería baixar un 12% ao ano só con apagar o stand by de todos os aparatos. Outro estudo da Agencia Internacional de la Energía apunta que o consumo dos equipos electrónicos que non se usan supón entre o 5% e o 16% do consumo total de cada fogar.
Son datos que nos deben facer pensar cada vez que apaguemos un aparato só co mando a distancia. Podemos poñer freo a este derroche só con desconectar aqueles aparellos que non estemos a empregar. Fácil, non?

5.6.08

Cuidemos o planeta Terra

No día Mundial do Medio Ambiente quero deixarvos este vídeo para concienciarnos que debemos coidar o noso planeta.



Para que vexades que o do quecemento global non é pouco importante (como hai algún tempo dixo o primo de alguén) podedes ver este vídeo da NASA-GISS que reflexa a variación da temperatura terrestre dende o ano 1884.



Evidentemente temos que empezar por coidar o noso entorno.

4.6.08

Pintadas, firmas e demais "decoracións"

Lido no diario La Opinión:

La ordenanza municipal de As Pontes sobre el vandalismo, que será aprobada inicialmente en el pleno que se celebrará mañana[...]
[...]La nueva ordenanza establece tres tipos de multas en función de la calificación de los hechos: leves, graves y muy graves. El importe económico de las sanciones por los actos vandálicos se graduará desde los 750 euros por los que se consideren como de menor importancia hasta los 3.000 con los que podrá ser multado el responsable de los destrozos más notables.
El Concello menciona entre las actuaciones que serán consideradas como vandalismo los daños a bienes muebles e inmuebles, las pintadas, graffitis, manchas y escritos sobre cualquier espacio o edificio de propiedad pública, así como en los vehículos de transporte, el mobiliario urbano, árboles, jardines y vías públicas.[...]
É evidente que ás veces facemos cousas ás que non lle damos a importancia que teñen e ás autoridades non lles queda outra que tomar medidas "disuasorias".