30.4.08

Consellos e técnicas para estudar

Sen dúbida que nesta páxina de materiais educativos do CNICE (Centro Nacional de Información y Comunicación Educativa) podedes obter uns bos consellos para estudar mellor e obter mellores resultados. Está claro que sen o voso esforzo non hai consellos que valgan.
Ánimo!

21.4.08

Día da TERRA

Todos os 22 de abril celébrase o Día da Terra. Seguramente, como ocurre nestes casos, diredes que o Día da Terra deberan ser todos os do ano; e tedes razón.
Temos que mentalizarnos para coidar o planeta e todos podemos aportar o noso grao. Non pensedes que podedes facer pouco. "Moitos poucos é unha gran cantidade".
Como o problema máis importante que agora ameaza a Terra é o cambio climático, aquí tedes información moi visual das razóns polas que se produce.

16.4.08

Teorema cantado

Os xeniais Les Luthiers enuncian o teorema de Thales. Mágoa que eu cante demasiado mal como para facer isto en clase. ;-)

15.4.08

Consellos a pais e nais

No blog de "Psicología y Pedagogía" aparece un interesante artigo de recomendacións aos pais e nais para axudar a os seus fillos na aprendizaxe exitosa das Matemáticas. Permítome traducir aquí os consellos:

* Recordar que vostedes cumpren un papel protagónico na aprendizaxe dos seus fillos

* Ter sempre unha actitude positiva cara á aprendizaxe da matemática nos seus nenos

* Non facer comentarios como estes fronte aos seus nenos: "As matemáticas son moi difíciles" "Á min tampouco me gustaba a matemática cando era estudante"

* Alentarlle e ensinarlle o valor da matemáticas na vida cotiá e na súa preparación para o futuro

* O estudante que sabe resolver problemas é quen cuestiona, atopa, investiga, persiste en buscar unha solución, quen comprende que pode haber varios xeitos na solución do problema. Vostede pode alentar ao seu fillo a desenvolver a súa capacidade para resolver problemas ao incluílo en actividades rutineiras como: medir, pesar, comparar prezos das cousas que quere comprar, etc.

* O comunicarse matematicamente é saber utilizar a linguaxe matemática; os números, táboas, símbolos. É escoitar coidadosamente para entender os diferentes xeitos en que outras persoas razoan. Vostede pode axudar ao seu fillo a comunicarse matematicamente ao momento de realizar as súas tarefas, ao pedirlle que lle explique como chegou á solución correcta. Tamén na solución de pequenos problemas da vida diaria

* No punto anterior, ao pedirlle ao seu fillo como resolveu o problema, pode axudarlle a vostede a descubrir se necesita axuda en destrezas ao sumar, restar, multiplicar ou dividir (segundo o nivel en que se atope o neno)

* Axude ao seu fillo a valorar o intento de resolver un problema, aínda que este sexa difícil. Mentres traballa, axúdelle a explicar o que está pensando nese momento, iso reforzará as súas destrezas matemáticas.

* Ensine ao seu fillo a realizar problemas matemáticos "na súa cabeza" (matemática mental) ao facer cálculos rápidos dos prezos nas tendas, restaurantes, etc.

* Demostrouse que a aprendizaxe afectiva das matemáticas, actitudes e intereses previos no estudo da mesma, ten consecuencia directa no seu comportamento e a súa capacidade de aprendizaxe futura. É por iso a importancia de axudar ao seu neno a construír desde temperá idade o interesarse positivamente en tan importante materia

* E recorde: como pais, vostedes son, máis que ningunha outra persoa os que poden axudar ao seu neno a desexar aprender. Ese desexo de querer aprender é a clave do éxito para o seu neno(a) e, por suposto, o agrado é un gran motivador da aprendizaxe. Vostedes poden ensinar ao seu fillo(a) mediante o xogo. Pode inventar xogos con case calquera concepto matemático. Non esqueza que axudarlle a aprender non quere dicir que non poidan reir xuntos e...... DIVERTIRSE!

14.4.08

Número de ouro

Xa falamos neste blog do número de ouro en varias ocasións.
Admiradevos das numerosas circunstancias nas que aparece:

2.4.08

Mundo Cooperante

Hoxe recibimos a visita de Rosa López Miramontes responsable da Delegación de Galicia da Federación Mundo Cooperante (Unha ONG de Cooperación ao Desarrollo)
Falounos de quen son, de que fan e de como o fan. Trouxonos tamén a exposición "La realidad de las niñas en el mundo" que, nuns paneis, fai un percorrido polos problemas e desafíos aos que se deben enfrentar as nenas das sociedades máis postergadas.
Espero que estas charlas tan amenas fagan que, en lugar de para perder a clase de Matemáticas (que tamén), todos nos concienciemos de que somos privilexiados por vivir neste mundo e arrimemos o hombreiro para facer que os outros mundos sexan máis parecidos ao noso.

BubbleShare: Share photos - Powered by BubbleShare

Contacta con Rosa no 981666428 ou en galicia@mundocooperante.org

1.4.08

Primeiro blog

Preséntovos o primeiro blog.
Alejandra foi a que se adiantou a todos.

Estou desexando velo medrar, porque o comezo promete. Noraboa