15.4.08

Consellos a pais e nais

No blog de "Psicología y Pedagogía" aparece un interesante artigo de recomendacións aos pais e nais para axudar a os seus fillos na aprendizaxe exitosa das Matemáticas. Permítome traducir aquí os consellos:

* Recordar que vostedes cumpren un papel protagónico na aprendizaxe dos seus fillos

* Ter sempre unha actitude positiva cara á aprendizaxe da matemática nos seus nenos

* Non facer comentarios como estes fronte aos seus nenos: "As matemáticas son moi difíciles" "Á min tampouco me gustaba a matemática cando era estudante"

* Alentarlle e ensinarlle o valor da matemáticas na vida cotiá e na súa preparación para o futuro

* O estudante que sabe resolver problemas é quen cuestiona, atopa, investiga, persiste en buscar unha solución, quen comprende que pode haber varios xeitos na solución do problema. Vostede pode alentar ao seu fillo a desenvolver a súa capacidade para resolver problemas ao incluílo en actividades rutineiras como: medir, pesar, comparar prezos das cousas que quere comprar, etc.

* O comunicarse matematicamente é saber utilizar a linguaxe matemática; os números, táboas, símbolos. É escoitar coidadosamente para entender os diferentes xeitos en que outras persoas razoan. Vostede pode axudar ao seu fillo a comunicarse matematicamente ao momento de realizar as súas tarefas, ao pedirlle que lle explique como chegou á solución correcta. Tamén na solución de pequenos problemas da vida diaria

* No punto anterior, ao pedirlle ao seu fillo como resolveu o problema, pode axudarlle a vostede a descubrir se necesita axuda en destrezas ao sumar, restar, multiplicar ou dividir (segundo o nivel en que se atope o neno)

* Axude ao seu fillo a valorar o intento de resolver un problema, aínda que este sexa difícil. Mentres traballa, axúdelle a explicar o que está pensando nese momento, iso reforzará as súas destrezas matemáticas.

* Ensine ao seu fillo a realizar problemas matemáticos "na súa cabeza" (matemática mental) ao facer cálculos rápidos dos prezos nas tendas, restaurantes, etc.

* Demostrouse que a aprendizaxe afectiva das matemáticas, actitudes e intereses previos no estudo da mesma, ten consecuencia directa no seu comportamento e a súa capacidade de aprendizaxe futura. É por iso a importancia de axudar ao seu neno a construír desde temperá idade o interesarse positivamente en tan importante materia

* E recorde: como pais, vostedes son, máis que ningunha outra persoa os que poden axudar ao seu neno a desexar aprender. Ese desexo de querer aprender é a clave do éxito para o seu neno(a) e, por suposto, o agrado é un gran motivador da aprendizaxe. Vostedes poden ensinar ao seu fillo(a) mediante o xogo. Pode inventar xogos con case calquera concepto matemático. Non esqueza que axudarlle a aprender non quere dicir que non poidan reir xuntos e...... DIVERTIRSE!

No hay comentarios: