Responsabilidade
Todos os fins de semana prodúcense novas como a acontecida a madrugada do pasado 30 de setembro. Sería conveniente que a reflexión sobre estas traxedias conlevara a que esas novas deixasen de ser habituais.
As cifras dos fins de semana con mortos menores de 25 anos son estremecedoras.
Non sei se é cuestión de buscar culpables ou (i)responsables, pero ao mellor se descubríramos os factores que levan a adolescentes (mozas e mozos de, en algúns casos, 14 e 15 anos) a beber alcohol e subirse nun coche en busca de emocións fortes coa axuda da velocidade; poderiamos atallar estas situacións.
Invítovos á reflexión e a que nos comentarios contedes o que pasa no voso entorno e, se é posible, propoñades alternativas ou solucións para evitar que compañeiros vosos ou vós mesmos sexades protagonistas nos xornais por este tema.
1 comentario:
Eu penso que moitos dos accidentes son causados pola falta de responsibilidade,tamén penso que moita xente xoven que non cumpren as regras da conduccdón o fan por chamar a atención o por simple vicio.Creo que os xovenes que lle gustan correr e facer nafradas no coche, normalmente fano cando hai máis xente, pero eles no son conscientes do perigo que corren a pesar de estalo vendo tódolos días nos medios de comunicación.
besiños.
Publicar un comentario