27.3.08

Espero impaciente os vosos blogues


Neste último trimestre propóñovos un traballo (voluntario) que consiste no seguinte:

  • Cada un de vos elabora un blogue.
  • Puntuará, ademais da calidade dos contidos, a corrección, a estética, a linguaxe axeitada e sen faltas...
  • Os artigos poden tratar calquera tema escolar: actividades, ideas, opinións, protestas, dúbidas, fotos, vídeos, presentacións, ... (se son relacionadas coas matemáticas mellor que mellor)
  • É obrigatorio que desde a data de hoxe ata a de 15 de xuño busquedes e propoñades, a lo menos, os tres sitios web (blogues, wikis, portais, páxinas, ...) relacionadas coas matemáticas a nivel de Infantil, Primaria ou Secundaria que máis vos gusten, explicando porqué vos gustan e facendo unha breve descripción do que tratan.
  • Calquera blogue que non se adapte ás normas será automáticamente "descalificado".
Poderedes aumentar, dependendo dos contidos e enlaces do blogue, a nota final ata en 2 puntos.

Para facer o voso Blogue, recomendo que fagades una conta de correo de Google (gmail) e despois, con ese nome de usuario e ese contrasinal, entrades en Blogger e creades o blogue.

Para calqueira dúbida e para notificar a creación e a dirección do blog: crego@edu.xunta.es

1 comentario:

Koré dijo...

Pareceume moi boa idea, e xa creei a miña conta en gmai e teño algunha que outra cousa xa pensada, haber se este fin de semana creo o blog e tamén seguramnte consultareiche dudas, que son completamente novata nisto dos blogs!
Alejandra
Un saudo