30.10.06

Pregunta da semana: As fillas de Caxado


Diálogo de ...

Evaristo: - Cantos anos teñen as túas tres fillas?
Caxado: - Direiche o producto das súas idades que é 36.
Evaristo: - E, cal é a súa suma?.
Caxado: - O número do portal da casa de enfrente.
Evaristo: - Fáltame un dato.
Caxado: - A maior toca o piano.
Evaristo: - Entón xa sei as súas idades.

E ti, sabes dicir as idades das tres fillas de Caxado.?

2 comentarios:

Anónimo dijo...

O primeiro é poñer todas as posibles solucións ao problema:
1 x 1 x 36 =36
1 x 2 x 18 =36
1 x 3 x 12= 36
1 x 4 x 9 =36
1 x 6 x 6 =36
2 x 2 x 9 =36
2 x 3 x 6 =36
3 x 3 x 4 =36

Logo, na segunda pista, só coinciden 2 solucións para o portal de enfrente, e como xa sabemos que na 3ª pista ía resolver unha coincidencia...

1+1+36 = 38
1+2+18 = 21
1+3+12 = 16
1+4+9 = 14
1+6+6 = 13
2+2+9 = 13
2+3+6 = 11
3+3+4 = 10

Quedan a de 1 ano, 6 anos e 6 anos e a de 2 anos 2 anos e 9 anos. Pero como sabemos que hai unha filla maior (a que toca o piano) pois só queda a opción das fillas de 2 anos, 2 anos e 9 anos.

Eduardo dijo...

Correcto!