22.10.06

Pregunta da semana: Carreira con mentirosos


Antonio: "Eu non cheguei último"
Bernardo: "Carlos chegou terceiro"
Carlos: "Antonio chegou inmediatamente detrás de Ernesto"
Daniel: "Ernesto chegou en segundo lugar"
Ernesto: "Daniel non ganou a carreira"

Por algunha razón os dous primeiros clasificados mentiron e os outros non. Cal foi a orde de chegada dos cinco corredores?. Explica con detalle o teu razoamento.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

1ºBernardo
2ºDaniel
3ºErnesto
4ºAntonio
5ºCarlos

Bernardo minte,xa que di que Carlos chegou de 3º e Daniel tamen minte,xa que di que Ernesto chegou en 2º lugar.

A esta conclusion cheguei porque Bernardo di que Carlos chegou terceiro,e Ernesto,2º.
Bernardo mente porque se Antonio chegou inmediatamente despois de Ernesto,Carlos non pode ser terceiro (é ultimo).
Ernesto di a verdade,Daniel non gañou a carreira (quedou en 2º posto).
Carlos di a verdade:Antonio chegou inmediatamente detrás de Ernesto (en 4º lugar).
Para adiviñar o lugar de Daniel,cheguei máis ben por deduccion
E como Daniel minte,e os dous primeiros clasificados minten,Daniel é 2º (porque se non gañou a carreira,tivo que quedar de 2º).

Eduardo dijo...

A clasificación é a correcta. A explicación podería estar mellor, pero vale.
Moi ben