17.11.06

Agradecemento

Quero agradecer a colaboración dun exalumno meu no IES Moncho Valcarce que está a enviarme de cando en vez algún correo con enlaces interesantes e incluso ideas e colaboracións.

Por exemplo enviou este chiste matemático (aproveito con el para que me enviedes máis chistes matemáticos e poder facer un artigo todo de chistes):

Dille Xesús aos seus discípulos:
- En verdade vos digo: y = x2
Os discípulos comentan entre si polo baixo, e por fin di Pedro:

- Maestro, non entendemos.
- É unha parábola

Chámase Santiago Castro Castrillón e agora está a estudiar Enxeñería Informática. Podes visitar o seu blog

1 comentario:

Anónimo dijo...

Saúdos:
O chiste foi sacado desta web:
http://www.motuproprio.org/chocolate/?p=247+
Ainda que a meirande parte dos chistes da web requiren mais coñecementos que os que se dan en ESO.

Na web ademais dos chistes fala dos enxeñeiros, e 'por desgracia' síntome demasiado identificado con parte do que din deles. :)

Nota: se a alguén lle gusta a informática e ten algunha pregunta sobre a carreira, non dubide en enviarme un correo co que sexa (a miña dirección debe estar no blog).