Remata o curso
Xa pasaron nove meses dende que empezaba o curso mediado o mes de setembro pasado. Quen o diría! Como pasa o tempo! Espero que o embarazo (por iso dos 9 meses) fose levadeiro e, aínda que sempre hai momentos malos, queden bos recordos.
Este ano deixan o centro 15 alumnos e alumnas de 4º de ESO que rematarán os seus estudos nos institutos, e algúns deles na universidade, facendo boa (xa veredes) a formación que recibiron no Monte Caxado. Dende estas liñas quero, en nome de todo o profesorado, desexarlles moita sorte. Esperamos, tamén, que nos recorden como mestres e profesores que, cando menos, tentaron darlles a mellor formación e ser o máis xustos posible.
Nos estaremos aquí (ou en outros centros) para o que necesiten, xa que, aínda que uns alumnos marchan, chegan outros para Infantil que dentro duns pocos anos (ou moitos pero que pasan voando) estarán saíndo pola porta cara ao Bacharelato ou á Formación Profesional.
Tamén algún profesorado nos deixa este ano. Profesorado provisional que, como todos os anos, non sabemos se o próximo curso estará con nós ou non. Ogallá que si, se eles queren, claro (moita sorte). E algún profesorado definitivo que atopou destino máis preto da súa casa, aínda que eles saben que o Monte Caxado seguirá a ser a súa casa tamén. Quero dar unha ciber-aperta a todos eles, especial a María (Ed. Infantil) e moi especial a Juan (Educación Física). Grazas por todo.
5 comentarios:
Si, este ano tocounos a nós deixar o centro, por unha parte ímonos con moita pena, por todos estes anos vividos e cos compañeiros. Pero por outra parte ímonos contentos, porque agora comeza unha nova etapa, na que levamos moi boa formación grazas a todos vós, e sempre vos recordaremos. Moitas grazas por todo y seguiremos indo a Monte Caxado a facer visitas.
hola!!! bueno pois si que da pena irse si, porque deixamos moitos recordos e moi moi bos momentos vividos,pero tamen da alegria irse porque a tua vida segue adiante e tamen che gusta saber eso. moitas gracias por todo. xa vos iremos a visitar. GRACIAS
Dáme moita pena que os alumnos de 4º se vaian..Agora nos seremos os maiores..E pensar que todos eses anos que pasamos en primaria,e en secundaria,pasaron voando,e que dentro duns anos,xa estamos no bacharelato..A eles botaráselles moito de menos!!
E en canto aos profesores que se van,botaráselles de menos tamén,xa que foi un curso moi especial con todos eles,esperemos que algunha vez que outra nos veñan facer unha visitiña..jeje
Ben seguro que conseguiredes o que vos propoñades. Non sen traballo, claro!, pero con esforzo sairedes adiante. Pensade que o profesorado, aínda que ás veces vos poida parecer o contrario, quere o mellor para os seus alumnos. Moita sorte e grazas a vos.
Esquecíame: Moi bo o vídeo, emocionante.
Hoxe lembreime do blog, e decidin entrar nel, e ao ler de novo esta entrada, e ver: "facendo boa a formacion que recibiron no Monte Caxado.", queria dicir que é asi, este ano agradecese moitisimo todo o que aprendimos, xa que levamos un nivel moito mellor, e iso é moi bo, xa que non nos costa tanto sacalo curso. Agradezo moito todo o que nos ensinachedes durante todos estes anos, porque ainda que nos queixaramos moito, agora merece a pena todo o esforzo. Asi que moitas grazas e a seguir asi.
Publicar un comentario