Pregunta da semana: A que hora?
Xan sae de casa, en coche, para recoller a súa esposa Ana á saída do traballo. Todos os días chega puntual as 19h. Hoxe Ana saíu un pouco antes e vai andando seguindo o camiño contrario ao que recorre o seu marido. Ao cabo de 20 minutos atópanse, Ana sube ao coche e regresan xuntos a casa, chegando 6 minutos antes do habitual. Se non consideramos o tempo de parada e supoñemos que as velocidades do coche e de Ana son constantes, ¿a que hora saíu Ana do traballo?. EXPLÍCAO
(Extraído de DivulgaMAT)
2 comentarios:
Xan e Ana chegan á casa 6 minutos antes do normal,enton quere dicir que aforra 3 minutos na ida. Asi que chega ás 18:57 á xunto da sua muller. E Ana sae 20 minutos antes de esa hora, ás 18:37.
Correcto
Publicar un comentario