Os vosos consellos son importantes
Según podemos ler en EL PAÍS, os expertos piden á Unión Europea un cambio radical na ensinanza das ciencias e as matemáticas. Darlle un enfoque moito máis práctico para que se invirta a tendencia ao desinterese polas materias científicas.
O informe dun grupo de expertos aposta por unha maior investigación e experimentación. Según un Eurobarómetro do 2005 só o 15% dos europeos está satisfeito coa ensinanza das ciencias. O problema, según o estudio, é que a maioría dos profesores optan por métodos centrados máis na memorización que na comprensión.
A miña experiencia, sen embargo, dime que moito alumnado preferiría máis memorización e menos comprensión. Non me canso de repetir sempre que vos fagades a pregunta clave: POR QUE?. Non debedes aprender a facer algo rutinario, senón que debedes aprender como e porque se fai así. Seguro que hai alumnas e alumnos que poden contar a súa experiencia e dar BOS consellos aos profesores e tamén aos compañeiros.
Animádevos a comentar como podemos mellorar (profesorado e alumnado) o noso xeito de traballo.
1 comentario:
Creo que hai que esixir máis esforzo ao profesorado e ao alumnado. O alumnado debe traballar máis e esforzarse moito máis, por outra banda o profesorado debe estar máis ao día das novas tendencias en educación, innovar e formarse, compartir e colaborar. A Administración debe axudar para todo isto con máis horario de coordinación, con equipamento material, dotación humana e con grupos reducidos.
Publicar un comentario