29.5.06

Pregunta da semana. Os botes, as abellas e as Matemáticas


1ª pregunta: Por que a maioría das potas, dos vasos, dos botes de conservas, etc. son "redondos" (ou, mellor dito, cilíndricos)?

Se algunha vez observaches un panal daríaste conta de que as abellas son unhas excelentes constructoras de hexágonos.
2ª pregunta: Por que as abellas fan eses mosaicos precisamente con esa figura xeométrica?


Buscade ben as respostas. Debe ser detallada e ben explicada

5 comentarios:

Eduardo dijo...

Moi ben aínda que a primeira pregunta queda incompleta xa que fíxate que di potas, botes, vasos...
A resposta non está relacionada co calor en tódolos utensilios.
Espero outra resposta

Eduardo dijo...

E evidente que esas razóns poden pesar á hora do deseño, pero hai unha razón xeométrica e económica de importancia para facelas redondas.
Como di Diego no seu comentario, as abellas en principio fan buratos circulares pero ao xuntarse quedan hexagonais xa que este polígono é (xunto co triángulo e o cadrado) o único que cubre totalmente unha superficie ao modo de mosaico. Se foran cilíndricas non aproveitarían todo o espazo.
Espero respostas...

Eduardo dijo...

Non é esa a razón.
Repito é unha razón "xeométrico-económica"

Anónimo dijo...

Os botes, latas, potas, vasos... son cilínddricos para que teñan unha boa capacidade, e se gaste menos no perímetro de material utilizado, xa que será menor nun cilindro ca nun cubo, por exemplo. Á parte de que son mais comodos para coller, limpar, etc.

Eduardo dijo...

Efectivamente: Para un mesmo perímetro sempre terá máis superficie un círculo que calquera outro polígono, polo tanto para unha mesma capacidade dun recipiente empregarase menos material na súa construcción se este é "redondo".