16.5.06

Pregunta da semana


Cando vexades esta imaxe de enriba, significa que hai plantexada unha pregunta (case sempre moi sinxela) dirixida ao alumnado do CPI Monte Caxado; e que aquel alumno/a que resposte correctamente e de primeiro/a un número considerable delas, puntuaralle na nota do curso en relación ao número de preguntas respostadas e á dificultade das mesmas.

  • Pregunta: Por que non hai Premio Nobel de Matemáticas? Que outros premios para matemáticos e matemáticas son considerados como os Nobels das matemáticas?

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Non existe o premio Nobel de Matemáticas porque dícese que a esposa de Alfred Nobel engañouno con un matemático da época.Como venganza Nobel deixou escrito no seu testamento,según contan,de que nunca se crearía unha asignación do premio Nobel das Matemáticas.

Moitos matemáticos foron galardonados basándose nos seus traballos matemáticos, e implicándoos en disciplinas como Economía, Física ou Química.

Eduardo dijo...

Sara, o que dis é un rumor moi extendido pero ao mellor non é o certo, hai outra posibilidade...

Anónimo dijo...

Outra teoría é que no século XIX xa existía un importante premio de matemáticas, o Premio Escandinavo de Matemáticas, que Nobel quixo respectar.

Anónimo dijo...

Non hai Premio Nobel de Matemáticas porque Nobel pensaba que non eran prácticas na vida cotiá.

Eduardo dijo...

Aínda falta respostar á segunda pregunta: Que premios están considerados como os Nobel de Matemáticas

Anónimo dijo...

Os premios Abel ou Fields

Eduardo dijo...

Efectivamente
Non hai Nobel de Matemáticas porque ou ben A. Nobel non as considerou demasiado importantes ou ben pola existencia dun premio Escandinavo (otorgado polo Rei) que Nobel quixo respectar. (O do desengano amoroso é máis unha lenda que a realidade)
Os considerados Nobel de Matemáticas son as Medallas Fields.