10.5.07

12 de maio: Día escolar das matemáticas

Dende o ano 2000 celébrase o día 12 de maio (aniversario de nacemento do profesor Pedro Puig Adam) o día escolar das matemáticas.

Este ano está adicado a "Matemáticas e Paz".

Reparade nestas cifras:

  • Cada ano máis de 500.000 persoas morren polo disparo dun arma convencional: unha persoa por minuto.
  • O número de persoas civís mortas na 1ª Guerra Mundial representaba unha porcentaxe entre tódalas vítimas do 14%. Esta porcentaxe subiu na 2ª Guerra Mundial ao 67%. Nalgúns conflictos de hoxe a cifra aínda é maior.
  • Actualmente uns 300.000 nenos soldados participan en conflictos armados.
  • Un tercio dos países do mundo invirten máis recursos nas forzas armadas que en servicios de saúde.
  • Cada ano os países de África, Asia, Oriente Medio e América Latina invirten un promedio de 22.000 millóns de dólares en armas. A metade desta suma permitiría que todos os nenos e nenas destas rexións recibiran educación primaria.
  • O 42% dos países que teñen o presuposto de defensa máis alto están entre os últimos en materia de desenrolo humano. Por exemplo, Eritrea invirte máis do 20% do seu produto nacional bruto en presuposto militar. E Pakistán gasta a metade do PIB entre defensa e débedas relacionadas coas armas.
  • En África as perdas económicas causadas polas guerras suman uns 15.000 millóns de dólares anuais.
  • Os cinco membros permanentes do Consello de Seguridade da ONU (Francia, Rusia, China, Reino Unido e EE UU) son responsables do 88% das exportacións mundiais de armas convencionais, e estas exportacións contribúen regularmente á comisión de abusos graves contra os dereitos humanos.
  • Durante os 4 últimos anos, EEUU, Reino Unido e Francia recibiron máis cartos das súas exportacións de armas a África, Asia, Oriente Medio e América Latina do que invertiron de axudas a estas rexións.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Impresionoume moito o do número de persoas mortas na 1º Guerra Mundial e na 2º,é impresionante o número de mortes que se incrementaron na 2º Guerra Mundial.Tamén me impresionou o dos nenos soldado,como se pode darlle unha arma a un simple neno,utilizalo como un soldado e arriscar asi a súa vida?Tamén me sorprendeu a cantidade de cartos que se invirten en armas.