Pregunta da semana: AS PASAS E A MEMORIA
A miña nai di que comendo rabiños de pasas aumenta a memoria. Eu digo que resolvendo problemas aumentaremos a nosa capacidade de razoamento, por tanto podemos ser un pouco máis lóxicos, reflexivos e, en consecuencia, un pouquiño máis intelixentes.
Comín un total de 100 pasas de uva nun período de 5 días. Despois do primeiro día, cada día comín seis pasas máis que o día anterior. Cantas pasas de uva comín o primeiro día? Cantas os demais días?
Extraído da revista Números
2 comentarios:
Resolvino cunha ecuación...:
(x)+ (x+6)+(x+6+6)+(x+6+6+6)+(x+6+6+6+6)=100;
5x+60=100;
5x=40;
x=8
-O 1º día comeu 8 uvas, o 2º 14 uvas, o 3º 20 uvas, o 4º 26 uvas e o 5º dia 32 uvas = 100.
Corecto.
Hai mási posibilidades de resolución, por exemplo co uso da suma dos termos dunha progresión aritmética
Publicar un comentario